domingo, 22 de maio de 2011

Carlos presenta o Magic Sand

Exemplos dos meus debuxos feitos a fume de carozo co Magic Sand (App gratuíta). Cando os empezo non teño nin idea do que vai sair. Porse a elo é un pouco coma un xogo subconsciente: serpenteo co dedo na pantalla sen orde, pero despacio, os primeiros trazos. En nada xa semellan algo recoñecible, dan a pauta do que virá logo. Completar o resultado con sombras é, incriblemente, o máis doado.



Existe unha versión para iPhone e iPad, pero esta última non engade maior resolución ás imaxes (320 x 480 píxeles) e ten a mesma interfaz, inda que se pode facer zoom nela.

Imaxes © Carlos Barros

Sem comentários:

Publicar um comentário